A Malla

Escrito por

Como hoxe en día estamos acostumados a ir a panadería e, xeralmente, mercar calquera produto que se nos antolle, aos novos, seguramente lles resultará difícil imaxinar a cantidade de traballo que se escondía antigamente detrás dun anaco de pan, ou de empanada, ou dun rico doce calquera elaborado con fariña de trigo, anque estes últimos probábanse soamente nos días de festa.

Un destes difíciles, ainda que festivos traballos era a mallega. Unha vez recollido e segado, en carros de vacas cargados ata os topes, o labrador levaba o trigo para a casa, para as eiras, quedando alí apiñado en torres circulares chamadas “medas”. As medas, naturalmente, variaban en número e tamaño agáso o labrador fose máis ou menos podente. Alí quedasba unhs días ata que chegaba a máquina de mallar, lendario monstro de ferro que, carretado por seis vacas ou bois, ía de casa en casa, por lugares, mallando, é dicir, deixando o gran limpo de po e palla.

Para as mallas, aínda a colaboración entre os veciños era maior, xa que se necesitaban moitas mans para poder atender os requerimentos das máquinas.

As mallas, en definitiva, eran traballos comunales onde os veciños se axudaban uns a outros. Xuntabanse unhas veces na aira de un e outras na de outro. Asi, correndo pola aldea, dende un cabo a outro do lugar (cada ano empezabase por un), acababase o traballo do trigo que era moi pesado.

Nas mallas a máquina, éstas levábanse a aira, en carros tirados polas vacas ou por bois: o motor, a máquina e a limpadora.

O motor, movido por gasoil, , levaba unha polea que chega ata a máquina e movía o tambor polo que se cebaba o trigo.

Ianse baixando os mollos da meda e tirábanse para o cebador, , desatados por un home ou unha muller (neste traballo nunca houbo moitos distingos) e posteriormente empuxábanse para dentro y o cebador separaba o gran da palla.

A palla caía para un lado e apartábase para atrás cun engazo, pra que a recollan cun borto, que facía de cora, e levábana en feixes ata o palleiro, que era o sito onde ía a palla. Un dos mellores especialistas en facer palleiros era Oliverio de Felipe de Vilardíaz. Na descripción do palleiro distínguese tres partes: Base, parte superior e caperuza ou cuberta. A primeira ten forma cilíndrica; a segunda é de forma cónica, logo a terceira, amosa ser unha especie de rosetón, remate da obra.

Cando ían facer un palleiro a superficie destinada a solar do mesmo cubríase de pólas e ramas e, especialmente, cando era grande tamén se poñían paos e troncos, éstes recibían o nome de canteiros, sempre coa finalidade de que apalla non pudrira se quedaba en contacto co solo. Na realización dun palleiro usábanse dous procedementos: “Cotón” e “Colmo. O máis sinxelo, pero menos eficaz, consistía en coloca-la palla de xeito horizontal. Este era o primeiro. Logo o “colmo” era máis complexo xa que formaba un plano inclinado: Mais alto no medio, baixando cara a fora de xeito que, na colocación da palla auga escorría cara a fora, de xeito que a mesma non pudrira

Por outro lado da máquina de mallar caía o grao cheo de arganas para unhas cestas a propósito. Este trigo levábase para a muxega da máquina de limpar. Esta era ben grande e había que movela a man, cunha manivela. O armatroste tíña unhas palas que o movelas ca manivela botaban aire hacai unhas cribas que tamén se movían de xeito que deixaban caer o grao por unha caneleta, xa limpo e listo para levar a artesa, ben protexida polos ratos. Non se desperciaba nada: o grao para a artesa, a palla para o palleiro para estrar ou darlle o gando, as arganas para cuito (esto si que era reciclaxe). Ao último para aproveitar todo ben, barríase a aira con escobas de xesta ou queirotas, na nosa terra chamábanse basoiras.

Para que todo funcionase ben e non se produciran coincidencias que perxudicarían a asistencia a cada malla da maior cantidade de xente, que gañaba obreiros para a súa propia malla, as “empresas” malladoras organizaban a ruta de mallas e o calendario, indicando o día de comenzo e a casa na que se facía a primeira malla. Todo o que quixese que desa casa lle axudaran na súa malla, tiña que ir a traballar nela para “gañar os obreiros”.Naturalmente tódolos que elexían unha ruta iban ás mallas dun determinado mallador, agás que na casa se dispuxese de varias persoas para ir á procura de obreiros.O período das mallas semellaba a liga de futbol. Tiñan os seus seguidores e mesmo fans. Procuraban mellorar a súa tecnoloxías cada ano e imprimían un ritmo bestial para ver que empresa facía mais mallas no mesmo tempo ou remataba antes a súa xeira de mallas contratadas. A presentación dun novo motor de mallar era todo un acontecemento cada ano. Foron malladores de sona na nosa parroquia, e que eu lembre ( se alguén sabe de máis debe dicirmo): Pastor de Aquel Cabo, Rancaño de San Martín, Acolá de Robledo, Atilano de Carlos, e nos últimos tempos, xa con aparellos modernos: Pepe do Cordo de Liñares

Na malla traballaba moita xente, perfectamente organizada e coordenada:

1 Persoa para tirar os mollos da meda.
1 persoa para achegalos ó taboleiro da máquina de mallar.
2 persoas para mallar.
1 persoa encargada de sacar a palla da gradiña de saída.
1 persoa atendendo ó cesto donde caía o gran de trigo para cambialo cando se enchera.
2 persoas alternado o carreto do gran dende a malladora ata a máquina limpadora.
4 persoas alternándose collían a palla que saía da gradiña e organizábana (espelíana) en mollos.
4 persoas recibían os mollos e atábanos con vencellos da propia palla.
2 persoas lanzaban eses mollos cara ó palleiro.
2 persoas facían o palleiro.
2 persoas arranxaban e igualaban os lados do palleiro para que quedara estético e regular
1 ou 2 persoas movían a máquina de limpar. Eso chamábase “dar ó veo”.
1 persoa atendía á moxega do trigo. Era o limpador.
1 Persoa atendía ó cambio dos copetes que recollían o trigo limpo e enchía os sacos para transportalo.
2 Persoas carretaban o trigo limpo para a casa ou a artesa

A comida na mallega, ademáis de quitala fame alimentaba, era feita pola patrona ou unha persoa de fora e era a base de lacón, cachelos, chourizos e sardiñas en conserva ademáis de viño a morea , cafés, augardentes e doces.

Pacín

Etiquetas do artigo:
·
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *