Nace “Xornal da Fonsagrada”

Escrito por

Despois duns días de axustes e de probas, nace o “Xornal da Fonsagrada”. De momento está feita a parte máis fácil, agora falta encher este Xornal de contido. Agardamos poder da máis noticias boas que malas…

Xornal da Fonsagrada é unha iniciativa duns veciños da Fonsagrada para recoller nun sitio web todas as noticias que se xeneren sobre o noso concello. Tamén quere ser un lugar no que se poidan compartir fotos, audios e vídeos das actividades socioculturais que se produzan na vila e no concello.

Blog

Tamén hai unha sección adicada á publicación de artigos sobre a historia da Fonsagrada, costumes, tradicións e calquera outro aspecto da cultura material ou inmanterial do concello. Pódense envíar ao enderezo de correo electrónico de contacto.

Colaboradores

Precisamos colaboradores que fagan fotos, graven audios e vídeos dos eventos públicos que haxa, para seren publicados. Estes materiais, despois dun pequeno traballo de edición, serán subidos á páxina para que poidan desfrutar deles todos os veciños.

O correo electrónico de contacto, tanto para enviar noticias e materias como para os que queirades ser colaboradores é: xornaldafonsagrada@gmail.com

Agardamos por vos.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sociedade

Comentarios

  • Meus parabens por tan boa iniciativa deséxovos o millor.

    Tonecho 30 Maio, 2018 11:45 a.m. Responder
    • Gracias.

      xornaldafonsagrada 30 Maio, 2018 1:32 p.m. Responder
  • Saudos dende Bos Aires! Parabeens

    Monica 31 Maio, 2018 2:14 a.m. Responder
    • Gracias.

      xornaldafonsagrada 31 Maio, 2018 9:48 a.m. Responder

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *