Ao final a chuvia anunciada non chegou e na Fonsagrada puidemos celebra-lo Corpus por todo o alto.
Seis nenos fixeron a Primeira Comunión nun día de festa grande para todo o pobo.
O sábado, ás 11 de da noite, un bo número de veciños puxéronse máns á obra para confeccionar as alfombras de flores, polas que o domingo procesinou o Santísimo Sacramentos e nos nenos da Primeira Comunión.
Como dicía, o tempo acompañou e o día foi perfecto: nin frío nin calor, moita xente e un bo ambiente.
No seguinte enlace pódense ver algunhas fotos das alfombras. Agora toca empezar a pensar no Corpus do próximo ano.
@fonmiguel
Etiquetas do artigo:
featured