Aprobado o cambio de titularidade de dúas estradas no Concello

CAMBIO DE TITULARIDADE DA ESTRADA MUNICIPAL MESÓN NOVO-CHAO DE VAGA (018-001) A PROL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO E O CAMBIO DE TITULARIDADE A PROL DO CONCELLO DA FONSAGRADA DAS ESTRADAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL LU-P-1905 E LU-P-1902.

Escrito por

A Consellería de infraestructuras e vivenda publica no DOGA de hoxe (5-6-2018) o cambio  de titularidade a prol do Concello da Fonsagrada das seguintes vías:

  • Estrada LU-P-1902, de Barbeitos á Allonquiña, entre os p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-703) e final no p.q. 2+909 cunha lonxitude total de 3.169 metros (2.909 m de itinerario principal e 260 m dun ramal á LU-701).
  • Estrada LU-P-1905, de Vilardíaz a Carballido, entre o p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-740) e final no p.q. 8+923 cunha lonxitude total de 8.923 metros.

Tamén se aproba o cambio de titularidade a prol da Deputación Provincial de Lugo da seguinte estrada:

  • Mesón Novo-Chao de Vaga (018-001), cunha lonxitude de 12.287 metros nos treitos do itinerario entre o p.q. 0+000/5+198; entre o p.q. 6+073/6+822; e entre o p.q. 7+670/14+413.

O Pleno da Corporación da Fonsagrada o día 17 de novembro de 2016 solicitou á Deputación Provincial de Lugo o cambio de titularidade da estrada de titularidade municipal Mesón Novo-Chao de Vaga (018-001), cunha lonxitude de 12.287 metros nos treitos do itinerario entre o p.q. 0+000/5+198; entre o p.q. 6+073/6+822; e entre o p.q. 7+670/14+413 polas estradas de titularidade provincial LU-P-1905, estrada de Vilardíaz a Carballido, entre o p.q. 0+000 e p.q. 8+923 e da estrada LU-P-1902, de Barbeitos á Allonquiña, entre o p.q. 0+00 e p.q. 2+909.

O Pleno da Deputación Provincial de Lugo levado a cabo o día 30 de maio de 2017 considera que a estrada LU-P-1902, de Barbeitos á Allonquiña, entre os p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-703) e final no p.q. 2+909 cunha lonxitude total de 3.169 metros (2.909 m de itinerario principal e 260 m dun ramal á LU-701) e a estrada LU-P-1905, de Vilardíaz a Carballido, entre o p.q. 0+000 (orixe na vía autonómica LU-740) e final no p.q. 8+923 cunha lonxitude total de 8.923 metros, discorren na súa totalidade polo termo municipal da Fonsagrada e son susceptibles de transferir ao concello.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil dezaoito,

Fonte: DOGA

Foto: Google Maps

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sociedade

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *