O PP de A Fonsagrada: “Só dende Medio Rural o investimento da Xunta é un 18% máis que o Orzamento do Concello en 2018”

Escrito por

Nunha recente nota de prensa o PP de Lugo critica as declaracións realizadas recentemente polo alcalde sobre o labor do Goberno galego, demostrando con elas “que nin coñece o datos do seu Concello nin leva un control do que fan outras administracións neste municipio”

Os Populares recordan que “só dende a consellería de Medio Rural o investimento da Xunta de Galicia é un 18% máis que o Orzamento do Concello en 2018”. Os populares de A Fonsagrada saen así ao paso das declaracións realizadas recentemente polo alcalde sobre o labor do Goberno galego, demostrando con elas “que nin coñece os datos do seu Concello nin leva un control do que fan outras administracións neste municipio”.

Para o PP se se extrapolan os datos en función da poboación, aínda son moito máis clarificadores, pois o investimento desta consellería supón case 1.000 euros por habitante (926 euros), fronte aos 122 da Deputación, tendo en conta que segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), este municipio conta con 3.670 veciños.

Os preto de 4,2  millóns da consellería de Medio Rural distribúense do seguinte xeito:

  • Para explotacións gandeiras: 137.239 euros
  • Para infaraestruturas agrarias: 47.487 euros
  • Para a PAC: 2.923.972 euros
  • Para montes: 764.973 euros
  • Para incendios: 164.727 euros
  • Para axudas de transformación e comercialización de produtos agrarios: 135.285 euros
  • Para gandeiría: 24.093 euros
Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sociedade

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *