O presidente da xestora do PP envía unha carta a tódolos veciños do Concello

Escrito por

O presidente da xestora do PP, José Luis Regueiro, ven de enviar unha carta a tódolos veciños do Concello na que se pon xa dende agora a disposición de todos.

Xunto con esta carta tamén enviou a reportaxe que publicaron en El Progreso, na que se fai un pequeno balance deste meses que leva á fronte da xestora.

Regueiro anima a todos a que o chamen ou o paren pola rúa para facerlle propostas e tamén para trasladarlle as queixas que teñan.

Segundo esta carta o PP da Fonsagrada xa está traballando no proxecto de programa electoral co que concorrerá as eleccións do próximo ano.

José Luis Regueiro asume o compromiso de que entre todos traballemos por unha Fonsagrada mellor.

Foto: Facebook.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sociedade

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *