Exposición no Museo Comarcal da Fonsagrada: Apostar polo Galego na publicidade

Escrito por

Dende o 16 de xuño pódese visitar no Museo Comarcal da Fonsagrada a exposición “Apostar polo Galego na publicidade.

Esta exposición, que foi inaugurada o 15 de xuño cunha presentación de Xosé González, do Foro Peinador, amosa unha selección e anuncios publicitarios nos que se emprega a lingua galega.

Entre estes anuncios destacan algúns de varias casas comerciais da Fonsagrada, que vistos así, nunha exposición deste tipo, fainos caer na conta da riqueza publicitaria que tamén temos na Fonsagrada.

No percorrdio pola exposición tamén se explican os valores asociados ao galego, como son a xenerosidade, a solidariedade ou a integridade. A nosa lingua tamén aporta unha imaxe actual e innovadora, que son as máis axeitadas para o éxito social. O galego tamén esperta e denota proximidade (Estudo O galego segundo a mocidade da Real Academia Galega).

A ligua galega pode representar un referente de presixio par as empresas. Varios membros da Fundación Galicia Empresa expresábanse así en 1999: Non podemos afirmar que vendamos máis que antes por usas o galego, pero si temos claro que non vendemos menos e que o uso da nosa lingua constitúe unha especie de valor engadido, de referente de prestixio para os nosos negocios.

[Horario do Museo Comarcal da Fonsagrada]

@fonmiguel

 

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *