Sesión extraordinaria do pleno do Concello

Adxudicación provisional da contratación do servizo de Axuda no Fogar

Escrito por

Para o vindeiro mércores, 20 de xuño, ás 13:30 horas, está convocada unha sesión extraordinaria do pleno do Concello da Fonsagrada.

O único punto da orde do día vai tratar a adxudicación provisional da contratación do servizo de Axuda no Fogar do Concello por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de contratatación e tramitación ordinaria.

A este respecto, o BNG manifestou o seguinte nas redes sociais:  “No BNG somos partidarios dos servizos públicos, pero na Fonsagrada este tema está privatizado dende mediados dos anos noventa” Asemade, invitan a asistir ao devantido pleno “para que non vos conten milongas”. 

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sociedade

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *