O punto limpo e polideportivo están sendo obxecto de debate nas redes sociais por parte do Partido Popular e do PSOE da Fonsagrada.
Fai un s días os Populares da Fonsagrada denunciaron, por segunda vez no que vai de ano, a situación de insalubridade na que se encontra o punto limpo das Donas. Dende o PP din que “xa non é só cuestión de imaxe, que dende logo é moi grave, pois todos os veciños coincidimos nisto, senón que pode ser un foco moi importante de contaminación, cos conseguintes riscos para a saúde dos veciños”.
Respecto ao polideportivo, o problema arrastrase dende o temporal de neve do mes de febreiro, que ocasionou estragos na súa cuberta que, segundo o PP, poden supoñer un risco, xa que se atopa ao carón do colexio.
A estas dúas cuestión respostou hoxe o Alcalde, Argelio Fernández Queipo, nun comunicado feito, inusualmente, dende o Concello.
Fernandez Queipo di que está previsto situar o punto limpo nos entorno da depuradora e para o que xa hai destandos 90.000,00 Euros. Segundo o Alcalde, o proxecto non se puido materializar ainda, porque “a Xunta de Galicia está a dilatar no tempo a concesión dos permisos necesarios”. Sen embargo, fontes consultadas do PP din que en Medio Ambiente non teñen constancia de ninguna solicitude de informe pendente, e en Medio Rural xa o emitiron o 17 de abril deste ano.
Do polideportivo di que “estamos á espera de que o seguro de responsabilidade civil do Concello, tal e como lle corresponde, asuma estes traballos, consistentes na reposición dos canalóns exteriores e un pequeno panel, o que non afecta para nada a seguridade da infraestructura”.
Texto e foto: @fonmiguel