Solsticio de verán na “Fonte Sagrada”. As primeiras raiolas do sol dan de cheo na Fonte.

Un fenómeno case descoñecido para moitos fonsagradinos

Escrito por

Na Fonsagrada todos coñecemos a fonte que lle da o nome ao noso pobo. O que poucos saben é que nestes días de comezo do verán nesta fonte prodúcese un feito, cando menos, interesante e curioso.

Coa chegada do verán, no amencer do día 21 de xuño, pódese ver como o sol ilumina dun modo singular e único a Fonte, como se pode ver na foto desta entrada.

Esto fainos caer na conta de que, posiblemente, a situación da fonte non é arbitraria. De igual xeito, tampouco é casualidade que o “Caella de Valeriano” sexa como é, pois, de haber unha construcción no seu lugar, xa non poderíamos ver como o sol ilumina á fonte no día máis longo do ano.

Quen coñece ben este feito é Bernardo, do Albergue-Pensión Cantábrico, que por estes días madruga para atender os peregrinos o que lle permite fotografar todos os anos este acontecemento.

A foto da portada é a do ano pasado. Este ano (hoxe, 21-6-18) as nubes impediron presenciar este espectáculo. Con todo é posible que mañá, se as neboas o permiten, poidamos ver como as primeiras raiolas do sol dan de cheo na Fonte ás 6 da mañá.

O que sí podemos é imaxinarnos como sería a chegada dos peregrinos a esa hora da mañá á Fonsagrada tal día como hoxe.

@fonmiguel

Foto: Bernardo.

 

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *