“Setras”, un libro de Berio Molina

Escrito por

Recentemente, Berio Molina, nado na Fonsagrada no ano 1979, publicou un interesante libro.

Na súa páxina web persoal o propio autor explica en que consiste a súa obra:

É estudo sobre a acción sonora na caligrafía desde os puntos de vista da subxectividade, a física, a arte de acción e o absurdo. É un percorrido polo alfabeto (subxectivo) galego analizando cada unha das setras desde dúas perspectivas: a taxonomía e a estética.

Setras é un libro publicado pola Editorial Fulgencio Pimentel e La Casa Encendidacoa colaboración da Fundación Mayeusis.
Ten 120 páxinas e un vinilo de 7” con 26 locked grooves co son das 26 setras. Conta coa colaboración de Liqen nalgunhas ilustracións.

Recibiu o Premio Especial do Xurado na primeira edición do Puchi Awards.

É un estudo sobre a acción sonora na caligrafía desde os puntos de vista da subxectividade, a física, a arte de acción e o absurdo. É un percorrido polo alfabeto (subxectivo) galego analizando cada unha das setras desde dúas perspectivas: a taxonomía e a estética.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *