Resultados das primarias do PP na Montaña

Escrito por

Hoxe, segundo estaba programado, tiveron lugar na Fonsagrada as votacións das primarias do PP na circunscripción da Montaña, que comprende ademais do concello da Fonsagrada, os de Baleira. Navia. Negueira. Ribeira de Piquín, Baralla, Becerreá, As Nogais, Cervantes e Pedrafita do Ceibreiro.

Nesta mesa, que ten un censo electoral de 66 afiliados, votaron no día de hoxe 54 persoas, o que supón case un 82% de participación.

A gañadora foi Soraya Sáenz de Santamaría, con 26 votos, so dous máis ca Pablo Casado, que acadou 24 votos.

Os compromisarios desta zona para participar no congreso nacional son: os alcaldes de Baralla e As Nogais, ademais de José Luis Regueiro, presidente da xestora local dos Populares de A Fonsagrada. O congreso nacional será os días 20 e 21 de xullo en Madrid.

Foto: Populares de A Fonsagrada

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política · Sen categorizar

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *