Festa dos Chóferes 2018

Escrito por

 

Un ano máis estase a celebrar na Fonsagrada a Festa dos Chóferes.

Os actos comezaron na Igrexa Parroquial coa misa en honor a San Cristóbal, patrón dos conductores. Unha vez rematada a Eucaristía bendecironse os coches nun animado desfile polas rúas da vila polas que tamén procesionou a imaxe de San Cristóbal portada por un camión e acompañada por varios dos “conductores clásicos” do noso Concello.

No desfile tamén se fixo unha sentada homenaxe a “Saavedra”, recentemente falecido. Os “amigos do quad da Fonsagrada”, ataviados con camisetas feitas para o caso, recordaron a Herminio Saavedra, membro deste grupo.

Os actos deste día rematarán cunha comida de irmandade na Escola Fogar da Fonsagrada.

No seguinte enlace pódese ver o album con algunhas fotos deste día:

[Festa dos Chóferes 2018]

Festa dos Chóferes 2018

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *