Historias de peregrinos: dende Francia cun burro

Xa pasaron pola Fonsagrada 7000 peregrinos

Escrito por

Entre os centos de peregrinos que pasan pola Fonsagrada cada ano pódense atopar tamén centos de historias interesantes. Pero de vez en cando chega algún camiñante cunha compañía que chama atención.

Foi o caso de onte, que puidemos ver a un peregrino francés que ven facendo o Camiño acompañado dun burro, que perfectamente aparellado e cunhas orixinais alforxas transporta as cousas do seu amo.

Este bo home chegou onte (luns, 23 de xullo) á Fonsagrada, hospedouse no Cámping e esta mañá emprendeu camiño cara o Cádavo. Ás tres e media da tarde xa ía en Paradavella, cun paso tranquilo e, seguramente, pensando nas cousas da vida.

No que vai de temporada xa chegaron á Fonsagrada uns 7000 peregrinos, dos que uns 5000 selaron as súas credenciais na oficina parroquial de atención ao peregrino.

@fonmiguel

Foto: Bernardo.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Camiño de Santiago

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *