O Concello instala novos sinais na Fonsagrada

Escrito por

A Fonsagrada, 10 de agosto.- O Concello da Fonsagrada está a piques de rematar a instalación na vila dos novos sinais de sitios de interese, tanto de establecementos da propia vila como das rutas de sendeirismo e lugares de ocio e deporte.

Este proxecto consistíu na actualización das sinais anteriores, así como a incorporación de información para chegar aos novos establecementos e instalacións que se abriron nos últimos anos.

Tamén se instalaron sinais especialmemte adicadas aos peregrinos, para guialos desde a entrada do pobo ata aos distintos albergues e lugares de aloxamento.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sociedade

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *