Achega de 89.000€ para o acondicionamento do punto limpo

Escrito por

A Fonsagrada, 16 de agosto de 2018.- A Xunta de Galicia, vén de destinar unha achega de preto de 89.000 euros para o acondicionamento do Punto Limpo da Fonsagrada.

Este apoio económico, que forma parte da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, permitirá acondicionar este espazo para acoller aparellos voluminosos e distintos electrodomésticos tales como televisores, microondas para o seu posterior tratamento por xestores de residuos autorizados.

Do mesmo xeito tamén está previsto instalar un pequeno depósito de aceites na nave-almacén, especialmente destinado para os procedentes de vehículos agrícolas.

Na actualidade A Fonsagrada xa dispón dunha instalación de depuración de escasa entidade que deixa libre unha superficie aproximada de 1278 m2 que permite a instalación deste punto limpo na súa parte sur.

Para poder acoller esta instalación é preciso que unha parte da parcela sexa chá para o que se proxecta unha explanación e un muro de contención de terras, esta explanación será a base formigón e permitirá o acceso de camións para a carga dos residuos.

A solución proposta permitirá mellorar tanto a comodidade na entrega de residuos como a posterior recollida por xestor autorizado en condicións de seguridade e salubridade.

[Información remitida polo gabinete de comunicación da delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo]
Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Ecoloxía

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *