I XORNADA DA VENDIMIA

Escrito por

Negueira de Muñiz, 17 de agosto.-

A “Asociación polo desenvolvemento de Negueira de Muñiz” organiza a I Xornada da vendimia que se celebrará o 1 de setembro a partir das 10:30 h. en Sanformar.

O obxectivo desta actividade é descubrir e coñecer as bodegas centenarias desta aldea de Negueira de Muñiz. Trátase de poñer en valor este conxunto etnográfico, formado por aproximadamente 30 bodegas centenarias, hoxe abandonadas e tomadas pola maleza.

Entre as actividades preparadas para este día está a exhibición de pisado tradicional así como a visita ás bofegas e a desgustación de viños. Por suposto que non falatará un mercado local con animación musical de “Antaruxas e Sorteiros”.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *