XLIII Concurso-Exposición de gando vacún

Escrito por

O Concello da Fonsagrada organiza un ano máis o tradicional concurso-exposición de gando vacún, que xa vai pola edición XLIII. Será o 1 de setembro, primeiro sábado do mes de setembro, no recinto do mercando gandeiro comarcal da Fonsagrada.

Poderán partucipar tódolos gandeiros que presenten reses das razas Rubia Galega e Asturiana tanto nos grupos de sementais como de vacas. Soamente poderá participar gando saneado.

A inscrición farase o mesmo día do certame no Mercado ata as 11 da mañá. Subvencionarase o transporte do gando de exposición, quedando excluídos os xatos.

Ademais dos premios en metálico e trofeos  haberá dous premios especiais de 500€ e 300€ aos lotes (mínimo 5 reses, con ou sen touro). As reses que formen parte dos lotes gañadores dos premios, quedarán excluidas da participacion nas categorías individuais.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *