Páxinas web de interese

Escrito por

Dende o Xornal da Fonsagrada queremos recomendar dúas páxinas web de interese para coñecer mellor o noso Concello.

Unha destas páxinas, “Fonsaweb”, xa leva tempo na rede. Trátase dun recurso no que podemos atopar abundante información de todo tipo: parroquias, aldeas, rutas, arte, arquitectura etc. Tamén contén multitude de fotografías de tódalas aldeas e parroquias.

http://www.fonsaweb.com/web/

A outra páxina, “Naturaleza de A Fonsagrada”, é máis recente, e nela faise referencia ás 1484 especies de seres vivos (Animais, prantas e fungos) localizados na Comarca de A Fonsagrada. De igual xeito, as descripcións va acompañandas das correspondentes fotografías.

https://sites.google.com/view/naturafonsagrada/

Sen dúbida, estamos diante de dúas páxinas que recollen dun modo perfectamente organizado, unha morea de información de interese para os que nos visitan e tamén para os que vivimos aquí  e que moitas veces tamén descoñecemos.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *