XXV Festa dos Avós

Escrito por

O Concello de A Fonsagrada organiza unha vez máis a Festa do Avós, que neste ano chega a edición número 25.

Esta celebración na honra dos nosos maiores será o día 28 de outubro. Comezarán os actos as 12 da mañá na igrexa parroquial de A Fonsagrada para a celebración da Misa. Despois terá lugar na praza a actuación de Antaruxas e Sorteiros e a comida de irmandade, que será no comedor da Escola Fogar. Pola tarde haberá música e baile.

Os interesados en asistir poden recoller as tarxetas no Concello ata o día 25. O prezo é de 6 euros por persoa.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *