Seguen os problemas en varias vías do Concello

Escrito por

A Fonsagrada, 30 de outubro.-Dous días despois da nevarada segue a haber problemas para transitar por moitas vías do Concello. Nas redes sociais abundan fotos nas que se poden ver a inxente cantidade de árbores caídas sobre as distintas estradas, que facían imposible ou difícil o tránsito para os vehículos.

Moitas destas vías quedaron abertas gracias ao traballo dos veciños que nas mañás do domingo e do luns se aplicaron para apartas a multitude árbores que invadían as calzadas.

A este problema engadiuse tamén a falta de subministro eléctrico que que padeceron moitos pobos.

O Partido Popular de A Fonsagrada fixo pública unha nota de prensa onde crítica a falta de coordinación do Goberno local co Goberno da Deputación Provincial en relación á limpeza de vías e á retirada de árbores que invaden as estradas trala nevarada da madrugada do pasado sábado. Pero, consideran “aínda máis grave” esta situación tendo en conta que “o alcalde é o vicepresidente da Deputación e responsable de Vías e Obras”.

De igual xeito, os Populares recordan a importancia dos GES para estas situación, que de contar con eles no Concello contribuirían a restablecer o tráfico e as comunicacións con maior celeridade”.

[Foto: Alba Fernández Ramos]
Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sucesos

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *