As memorias de David Álvarez Carballido, incansable loitador antifranquista

Escrito por

En 1998 e con 65 anos, David Álvarez Carballido (A Fonsagrada-Lugo, 1922-2017), concedeu unha longa entrevista ao filólogo e paisano seu Antón Santamarina. Foi durante varios días de agosto, na aldea común de ambos de San Martín de Suarna.

Dúas décadas despois, este documento único ve por fin a luz, as Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido, publicado por Alvarellos Editora na súa colección Oeste.

Foi preciso un fondo traballo de edición para organizar o valioso material custodiado por Santamarina. A psicóloga e escritora Anahí Almasia (sobriña de David) e a doutora e especialista en memoria histórica Mariela Sánchez puxéronse a traballar arreo dende a súa cidade de Bos Aires.

Había que converter aquelas horas de conversa nun volume revelador. David posuía una fina e poderosa memoria e o resultado queda á vista nestas páxinas.

É o testemuño valoroso e honesto dun incansable loitador antifranquista. Dun comunista que fuxiu dende Galicia a Bos Aires en 1948 para non regresar ao país ata 1962, e ser detido e torturado en Vigo pouco despois, cando denunciaba o fusilamento de Julián Grimau.

Fiel ata o Final dos seus días, aínda en 2014, con 92 anos, acudía ao consulado Arxentino a interpor a súa denuncia na Querela daquel país contra os crimes do franquismo.

“Poucos libros memorialísticos, de militantes antifranquistas, teñen a naturalidade, a frescura e o xeito destas memorias”. Xesús Alonso Montero, autor do Prólogo.

“O QUE DIGO AQUÍ É SOAMENTE PARA QUE NON QUEDE ESQUECIDO. TODO O QUE SABEMOS DAQUEL TERROR QUE INVADIU ESPAÑA, QUE SE COÑEZA”. David Álvarez Carballido

[Texto e foto: Editorial Alvarellos]

https://alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?id=207

 

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *