O Goberno da Deputación dota cun camión 4×4 ao Concello de Negueira de Muñiz

Escrito por

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, entregoulle este luns ao Alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereda, as chaves do camión de usos múltiples que a Deputación financiou con 119.000 euros. Trátase dun vehículo 4×4 con volquete e con conexión para a cuña quitaneves que o concello empregará para diversas obras e servizos, de especial relevancia serán os traballos de acondicionamento das estradas durante a época invernal, facilitando as comunicacións dentro do concello e cos municipios limítrofes. Este camión súmase no parque móbil municipal á pick-up entregada en 2017 polo executivo provincial.

Fernández Queipo destacou que “é unha aportación moi útil para un Concello extenso, cunha poboación moi dispersa e cun terreo accidentado como é o de Negueira de Muñiz, permítelle xestionar incidencias nas vías durante o inverno así como realizar outros traballos directamente, aforrando custes e mellorando os servizos municipais. O Goberno da Deputación non esquece a ninguén, ese é o noso compromiso co rural, tampouco aos veciños do noso concello máis pequeno. Dotámolos de servizos que melloren a súa calidade de vida, para que vivir en todos os municipios da Provincia sexa igual de doado”

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/70389

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sen categorizar

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *