Feijoo presentará na Fonsagrada ao candidado do PP á Alcaldía

Escrito por

O venres, 21 de decembro de 2018, ás 19:00 h. no Complexo o Piñeiral será a presentación do candidato á Alcaldía do Partido Popular, José Luis Regueiro.

Será un acto aberto ó público no que tamén se contará coa presenza de do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

José Luis Regueiro, de 31 anos, é licenciado en Administración de Dirección de Empresas pola USC. Ademáis, é técnico de transporte e emerxencias sanitarias.

Profesionalmente dedícase ao sector funerario e tamén é o responsable de responsable de formación e desfibriladores en Ambulancias Salutrans

No mes de novembro de 2017 foi nomeado presidente da xestora local do PP na Fonsagrada.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *