Feijóo presenta esta tarde na Fonsagrada a candidatura de José Luis Regueiro á Alcadía

Escrito por

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo estará esta tarde na Fonsagrada para presentar ao candidado do PP á Álcaldía de A Fonsagrada, José Luis Regueiro.

O acto comezará as 7 da tarde e terá lugar no complexo O Piñeiral.

Os Populares de A Fonsagrada convidan a todos os veciños a este acto, para que poidan coñecer, xa dende agora, o proxecto que teñen para os vindeiros anos, se conseguen a confianza necesaria nas eleccións que se celebrarán no mes de maio de 2019.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política · Sen categorizar

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *