A fonsagradina, Bibiana Regueiro acaba de defender a súa tese doutoral “Metas académicas, deberes escolares e aprendizaxe en Secundaria”

Escrito por

Bibiana Regueiro (A Fonsagrada, 1987) acaba de defender a súa tese doutoral “Metas académicas, deberes escolares e aprendizaxe en Secundaria” dirixida polos investigadores galegos de recoñecido prestixio na área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Antonio Valle (Catedrático do Dpto. de Psicoloxía da Univ. da Coruña) e José Carlos Núñez (Catedrático do Dpto. de Psicoloxía da Univ. de Oviedo).

Cunha nota de Sobresaliente Cum Laude e con Mención Internacional, a tese profundiza na realización dos deberes escolares atendendo ao concepto multidimensional de compromiso, aspecto clave que condiciona a calidade do proceso de realización dos deberes, da aprendizaxe e do rendemento académico. Para a realización desta tese doutoral, por compendio de artigos, deseñáronse e leváronse a cabo varias investigacións, que deron lugar a seis publicacións en revistas internacionais, todas incluidas no Journal of Citation Reports.

Ademais, a tese doutoral conta coa colaboración de investigadores de outras Universidades, a estadounidense Johns Hopkins, na cal a autora realizou unha estancia de varios meses, e a Universidade do Minho (Portugal).

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *