Actualidade Municipal

Escrito por

Auxiliar de biblioteca

O 11 de febreiro publicouse a listaxe provisional de admitidos para a bolsa de emprego temporal para a categoría de auxiliar de biblioteca. Son un total de 30 persoas.

No mesmo decreto da Alcaldía tamén se da a coñecer a composición do tribunal encargado da realización das probas aos aspirantes que foron convocados para o 19 de febreiro ás 10:00 horas no Antigo Instituto.

Monitor sociocultural

O 12 de febreiro noutro decreto da alcaldía publicouse o resultado coa puntuación dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para cubrir a praza de monitor sociocultural, para a que se propuxo a aspirante de máis puntuación. Os restantes aspirantes quedaron incorporados a una listaxe de substitución.

Operario de motoniveladora

O 8 de febreiro tamén se deu a coñecer o DNI da persoa que obtivo máis puntuación no proceso selectivo e que será proposta para ocupar esta praza de funcionario interino. Os outros dous candidatos que superaron as probas formarán parte da listaxe de substitución.

Contrato de arrendamento de parcela para aparcamento municipal en A Fonsagrada

Segundo a memoria feita polo Concello para este proxecto,  “no período estival e durante a celebración das festas patronais, motivado polo aumento da poboación en tránsito, faise necesaria unha actuación de reorganización do tráfico rodado de vehículos, e en particular das zonas de estacionamento, moi escasas xa de por si no casco urbano.  No período invernal, especialmente na época das grandes nevaradas, ao despexar a vía coa pa quitaneves, a acumulación de neve na calzada imposibilita o aparcamento dos vehículos no casco urbano. O Concello de A Fonsagrada non dispón de medios dentro do seu patrimonio para facilitar unha solución eficaz ás necesidades expostas”

As características que deberá ter a finca a arrendar serán as seguintes:

-Deberá estar situada en solo urbano, a unha distancia máxima de 100 m medidos dende o perímetro do edificio da casa consistorial, sita na Praza do Concello, s/n, de A Fonsagrada, na provincia de Lugo.

– Deberá ter saída, polo menos, a dúas rúas. – O terreo, ou conxunto de terreos lindeiros entre si, deberá ter unhas dimensións de entre 500 e 700 metros cadrados.

-O uso o que se vai destinar será o de aparcamento, servizos o outros servicios dotacionais”

Total orzamento base de licitación: 3.000,00 € I.V.E. excluído

Servizo Axuda Fogar

Parece ser que as catro empresas que se presentaron o concurso do SAF renunciaron todas. Co cal, neste momento estase a prestar o servizo sen contrato. Os motivos das renuncias son que as condicións económicas non cobren os gastos do servizo, polo que o lóxico sería convocar un novo concurso coa asignación económica actualizada as necesidades reais.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sen categorizar

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *