Un corte accidental no cable de fibra óptica deixa a Fonsagrada sen servizo de teléfono e internet durante seis horas.

Escrito por

A Fonsagrada, 5 de marzo de 2019.-Ás cinco e media da tarde, deixou de funcionar na Fonsagrada a conexión a internet e o servizo de teléfono da compañía Movistar.

Segundo as informacións que nos fixeron chegar, a causa foi un corte accidental do cable de fibra óptica que da servizo á Fonsagrada. O incidente produciuse a altura do Cádavo e foi causado por uns traballos forestais.

A última hora do domingo os técnicos da compañía telefónica comezaron a  reparar a avaría. Sobre as once e media da noite quedou restablecido o servizo.

A reparación da fibra óptica é un traballo delicado e lento, ao que se unen as malas condicións meteorolóxicas que houbo hoxe.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Infraestructuras

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *