O alcaldable popular da Fonsagrada considera que “o rexedor socialista engana aos veciños coa apertura da residencia porque aínda non conta coa documentación en regra”

O Permiso de Inicio de Actividade (PIA) non foi solicitado ata o 15 de marzo, un día despois de asinar un bando para comunicar aos veciños a apertura do prazo de presentación de solicitudes para o ingreso no centro daquelas persoas interesadas”.

Escrito por

O candidato do PP á alcaldía da Fonsagrada, José Luís Regueiro, acusa ao rexedor socialista de “enganar aos veciños e veciñas” por “animar á xente a solicitar praza para a residencia da terceira idade do municipio” cando “non conta coa documentación en regra”.

É máis, o popular non entende “como o alcalde socialista foi capaz de sacar a concurso público os servizos do centro residencial Rois sen ter solicitado o Permiso de Inicio de Actividade (PIA)”. Regueiro aclara que “este trámite necesario para a apertura da residencia non foi solicitado ata o 15 de marzo, un día despois de asinar un bando para comunicar aos veciños a apertura do prazo de presentación de solicitudes para o ingreso no centro daquelas persoas interesadas”.

Por outra banda, Regueiro recorda tamén que “o alcalde mentiu cando asegurou a comezos de setembro do ano pasado en declaracións aos medios de comunicación que o Concello tiña todo para abrir a residencia” tal e como demostra o feito de que “aínda solicitase o PIA fai menos dun mes”.

O PP, interesado na apertura da residencia

Os populares xa se interesaran pola situación da residencia no pleno celebrado o 13 de novembro. Daquela a resposta do alcalde á pregunta do voceiro do Grupo Municipal Popular sobre a concesión do PIA á residencia da Fonsagrada foi que “non”, pero que “cumpría con tódolos requisitos esixidos”. Así mesmo, o popular trasladáballe que tiña constancia dalgunhas deficiencias no inmoble sobre as que “o rexedor do PSOE se desculpou dicindo que xa o puxera en coñecemento da Sociedade Urbanística SUPLUSA”.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *