Case 2000 persoas visitaron o Museo da Fonsagrada durante o ano pasado

Escrito por

O sábado 13 de abril, celebrarase a Asemblea Ordinaria do Museo Comarcal da Fonsagrada.

Con este motivo entregóuselles aos socios un resumo coas actividades e visitantes correspondentes ao ano 2018. Nestes datos destacan as case 2000 persoas que visitaron o museo durante o ano pasado, das que unhas 700 chegaron en 22 grupos organizados desde distintos puntos da provincia e de Asturias.

Tamén se reflexan nesta memoria anual as actividades culturais organizadas dende o Museo, entre as que destacan a presentación de libros e outras exposicións. Unha das actividades que máis público congregou foi a demostración de toque de campás levada a cabo na igrexa parroquial de San Martín de Suarna.

O Museo Comarcal da Fonsagrada fundouse no ano 1984 por un padroado formado por veciños de A Fonsagrada e do que na actualidade forman parte o Concello e os centros de educación primaria e secundaria. O número actual de socios é de 140.

O Museo que ten numerosas pezas de etnografía, arqueoloxía e arte contemporáneo, é un fito cultural moi importante para a conservación da vida e das tradicións dos nosos antergos. Ademais, o Museo, é un importante reclamo turístico para as persoas que visitan A Fonsagrada, proba delo, e número de visitantes que mencionamos antes.

Máis información na seguinte páxina web:

http://museos.xunta.gal/es/fonsagrada

 

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *