«As construcións tradicionais na comarca da Fonsagrada»

Reunión divulgativa, 9 de maio ás 11 no Museo da Fonsagrada

Escrito por

A Asociación de Gandeiros A Fonsagrada e o Museo Comarcal da Fonsagrada organizan una reunión divulgativa sobre «As construcións tradicionais na comarca da Fonsagrada»

O poñente desta xornada será Xoan Xosé Molina Vázquez e terá lugar nas dependencias do Museo da Fonsagrada o vindeiro 9 de maio ás 11 da mañá.

Xoan Xosé Molina estudou Enxeñería Técnica Agrícola en Madrid. Funcionario do Ministerio de Agricultura dende o ano 1972. Pasou posteriormente á Consellería de Agricultura no servizo de Extensión Agraria, traballando en A Fonsagrada 15 anos, así como no servizo de Montes e FOGGA en Lugo. No ano 1993 obtivo a licenciatura en Xeografía e Historia pola UNED. Tamén foi delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte en Lugo.

Tamén é o presidente de Patronato do Museo Comarcal da Fonsagrada e membro do Patronato do Museo do Pobo Galego como representante dos socios.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sen categorizar

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *