«Nós tamén fomos emigrantes»

Escrito por

A Fonsagrada, 25 de abril de 2019.- Esta mañá inaugurouse no Museo da Fonsagrada una exposición fotográfica na que se amosa una escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE sobre a emigración galega e española. Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén avós e voas, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor.

O acto inaugural contou coa presenza dun grupo de alumnos do IES Fontem Albei aos que se dirixiu o alcalde fonsagradino, Argelio Fernández Queipo. Nas súas palabras tivo un recordo para as xentes do noso Concello que tamén tiveron que emigrar para que agora nós teñamos máis e mellores oportunidades. Para rematar convidou aos rapaces a que vexan as fotografías co desexo de que lles axude a ser hospitalarios cos inmigrantes que agora chegan á nosa terra.

Esta exposición é unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia. O proxecto nace coma un contedor de arte que vai rotando polos nosos concellos, e contando coa súa colaboración, para construír canda eles unha rede de calidade. As iniciativas do ciclo contan cunha coidada produción e cunha querenza pola nosa tradición.

A exposición pode verse hata o 19 de maio no Museo da Fonsagrada no seguinte horario:

  • Martes a venres de 12.00 a 14.00 h.
  • Sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.
  • Luns pechado
Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Cultura

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *