José Regueiro encara as municipais cun equipo renovado case no 100%, xove e cualificado

O alcaldable de A Fonsagrada incorpora, dos 11 integrantes da lista, nove caras novas. A media de idade é de 40 anos

Escrito por

A Fonsagrdada, 4 de abril de 2019.-O candidato á alcaldía de A Fonsagrada, José Regueiro, lidera un equipo renovado case no 100%, xove e moi cualificado. Dos once integrantes da lista, nove son caras novas. E é que tan só o número once, que é concelleiro na actualidade, repite e, a número seis, fóra na lista noutros comicios municipais.

Por outra banda, destaca que a media de idade é de 40 anos, configurando así una candidatura “profundamente renovada e con futuro”.

Para o popular trátase, en definitiva, “do mellor que me podía acompañar”. “Formamos un grupo de persoas que coñecemos á perfección o noso concello e, estou convencido, que a súa calidade humana e profesional aportará eficacia á xestión municipal”. E é que, segundo apunta o cabeza de lista, “o que busquei dende o momento que tomei a decisión de presentarme polo meu pobo foi aglutinar perfís que poidan dar resposta ás necesidades que tanto nos reclaman os veciños”.

“Creo que con este equipo, o cambio é posible. Nelo levamos traballando dende meses, escoitando á xente e traballando para a xente. Co PP de A Fonsagrada, alternativa a un Goberno desgastado e a un alcalde máis preocupado por ir a Lugo que estar cos veciños, será posible”, remarca.

“Temos capital humano e presentaremos un programa con propostas nas que os veciños se sintan plenamente identificados. Presentámonos para gobernar, pero, sobre todo, para transformar o noso concello, aproveintando os recursos dos que dispoñemos e xerando novas canles de negocio e oportunidades laborais para os máis novos”. Precisamente, a lista que encabeza Regueiro caracterízase por unha media de idade xove, na que o protagonismo feminino “tamén lle dá un valor engadido á candidatura e á Fonsagrada”.

A lista ao completo

1.- José Luis Regueiro Fernández: 32 anos, natural de A Fonsagrada e licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Na actualidade, rexenta e dirixe varios negocios na localidade.

2.- Bernardo Xabier Niño Neira: 41 anos, natural de A Fonsagrada. Empresario.

3.- Amelia López Niño: 40 anos, natural de A Fonsagrada. Veterinaria.

4.- Yrma Fernández López: 41 anos De Pobra de Burón. Mestra.

5.- Adrián Fernández Fernández: 32 anos, de Vilamaior de Trobo. Comercial en industria cárnica e empresario.

6.- Rosario López Linares: 55 anos, de Cereixido. Gandeira.

7.- Carlos Fernández Vázquez: 39 anos, de Pacios de Mourisco. Enxeñeiro Técnico Agrícola e gandeiro.

8. -Maira López Lombardero: 36 anos, de Vilarmeán. Técnico en Hixiene Bucodental.

9.- José Manuel Álvarez Pérez: 39 anos, de Queixoiro. Administrativo.

10.- Nuria Capón Domínguez: 40 anos, de A Fonsagrada. Enfermeira no Centro de Saúde local.

11. – Antonio Rodil Álvarez: 43 años, de A Fonsagrada. Axente de seguros.

Suplente 1- Jéssica Fernández Fernández: 30 anos, de Rebordela (Carballido). Diplomada en Ciencias Empresariais, na especialidade de Xestión de Empresas e Recursos Humanos. Administrativa.

Suplente 2- José Fernández Riveras: 74 anos, de Paradavella. Xubilado.

[Nota de prensa remitida polo Partido Popular]
Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *