O BNG da Fonsagrada amosa unha candidatura nova e chea de ilusión por unha Fonsagrada viva.

Unha candidatura renovada na que ‘mistura a destreza e o coñecemento coa frescura das persoas novas que se achegan por primeira vez á política’.

Escrito por

A Fonsagrada, 4 de abril de 2019.-Tras a publicación oficial das candidaturas para as eleccións municipais deste 26 de maio, o BNG da Fonsagrada foi o primeiro en facer pública a súa lista nestes comicios a través das redes sociais. Explican que son ‘un proxecto sólido e unido, cheo de ilusión e con todas as gañas de traballar por un novo camiño para á Fonsagrada e a súa xente’.

A candidata será María Xosefa Ortiz de Galisteo, coñecida popularmente como Nenoso, que revalida cun equipo renovado que ‘mestura a destreza e o coñecemento coa frescura das persoas novas que se achegan por primeira vez á política’.

O BNG da Fonsagrada suxire un proxecto que recupere a ilusión dos veciños, onde ‘entre todas e todos fagamos posíbel unha Fonsagrada viva cos recursos que posúe, para transformalos nun modelo de vida que ilusione e satisfaga as necesidades da veciñanza, para agora e o futuro’.

Como é natural no BNG trátase dunha lista cremalleira, na que existe o criterio 60% de mulleres e 40% de homes, a cal quedou definida na seguinte forma:

  1. María Xosefa Ortiz De Galisteo Pérez ‘ Nenoso’.
  2. Brais Fernández Fernández.
  3. María Amor Fernández Fernández
  4. Borja Campos Fernández
  5. Áitor Rodriguez Vilagarcía
  6. María Bélida García Pérez
  7. Roberto López López
  8. Ángel Gegunde Díaz
  9. Eva María Fernández Álvarez
  10. Xosé Domínguez Díaz
  11. MónicaFernándezFernández

De suplentes:

  1. Xesús López Fernández
  2. Mónica María Pérez Alonso
  3. Manuel López Louxedo
[Nota de prensa remitida polo Bloque Nacionalista Galego]
Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *