Eleccións Municipais 2019 nas redes sociais

Escrito por

Se algo distingue estas eleccións municipais doutras convocatorias anteriores é o emprego das redes sociais na campaña electoral que acaba de comezar.

O máis madrugador á hora de poñelo cartel foi o BNG  A Fonsagrada, seguido polos Populares de A Fonsagrada, sendo o último o Partido Socialista de a Fonsagrada.

Os carteis coas fotos dos tres candidatos están acompañados polos seus lemas de campaña: “A Fonsagrada que queres!” (PSOE);” Por unha Fonsagrada con futuro” (PP) e “Coas ideas claras” (BNG).

Non obstante, a única candidatura que ata o momento deu a coñecer, tamén nas redes sociais, parte do seu programa de goberno foi o BNG, que fala de potenciar o sector agrogandeiro facilitando a obtención de terras agrarias suficientes, revitarlizar os montes e ríos, posta en valor dos productos e negocios locais e, como proposta máis concreta, a construción do polígono industrial.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *