Eleccións Municipais 2019 nas redes sociais (II)

Escrito por

A Fonsagrada, 14 de maio de 2019.-Xa estamos case na metade da campaña electoral, que no noso Concello tamén se leva a cabo nas redes sociais e nos medios de comunicación.

Os tres partidos que se presentan van “colgando” pouco a pouco as propostas dos seus programas e tamén os reproches aos contrincantes.

O PSOE acusaba ao goberno da Xunta de acordarse so de A Fonsagrada en período electoral. Ao mesmo tempo recordaba a inversión da Deputación, que en toda a Montaña repartiu 30 millóns de euros.

Non tardou en chegar a resposta do PP, que aporta datos máis concretos, lembrándolle ao Alcalde que as inversións da Xunta so para A Fonsagrada ascenderon a 7 millóns de euros no ano 2018, e que para o 2019 xa está licitada a obra do colexio por un importe superior ao millón de euros ademais do compromiso asumido para arranxar estradas que vertebran o concello, como son as LU-740 (A Fonsagrada-Vilardíaz), LU-701 (A Fonsagrada-límite coa provincia de Asturias) e LU-703 (Barbeiros-límite coa provincia de Asturias).

Respecto aos programas electorais, as propostas de cada partido vanse dando a coñecer pouco a pouco, sendo o BNG o que máis avanzado e detallado ten o seu programa nas redes sociais. Non obstante, todos eles coinciden nun punto: o polígono industrial.

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *