Programa electoral do Partido Popular de A Fonsagrada

“Por unha Fonsagrada con futuro para todos”

Escrito por
[Nota do Xornal da Fonsagrada: A continuación reprodúcese o programa electoral do Partido Popular de A Fonsagrada tal e como nolo remitiu o propio partido]

“Gobernaremos con transparencia e igualdade de oportunidades. Cun so obxectivo: mellorar a vida diaria de tódolos veciños”

PROMOCIÓN ECONÓMICA:

  • Zona Industrial
    • O primeiro paso para poder crear emprego é crear solo industrial para que se poidan asentar empresas ( talleres, carpinterias, desguaces, etc.)
  • Fomentar o asentamento de empresas
    • Fomentaremos o asentamento de empresas creando un plan de impostos reducidos para aquelas empresas que creen postos de traballo e inicien actividade na nosa localidade.
  • Bolsa de emprego
    • Co fin de poñer en contacto os demandantes e ofertantes de emprego, crearáse unha bolsa pública no Concello na que se poidan inscribir os seus perfis profesionais e onde as empresas poidan referenciarse a hora de buscar traballadores.
  • Concentración parcelaria
    • Facilitar e asesorar ós vecinos que voluntariamente queiran facer unha concentración parcelaria.
  • Permuta de fincas
    • Subvencionar a permuta de fincas rústicas.
  • Reducción de Impostos
    • Bonificacións no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as vivendas habituais das persoas con grados de invalidez ou dependencia así como familias numerosas.
    • Bonificacións ata o 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as infraestructuras ligadas a algunha actividade agrogandeira.
  • Plan de transparencia económica e informativa
    • Melloraremos o dia a dia con proxectos claros e realistas. Aumentaremos a calidade de vida dos nosos veciños e xestionaremos con transparencia e igualdade.

SERVICIOS:

  • Garantir o suministro de auga .
    • Remodelación das traídas de agua existentes que presenten un mal funcionamento e captación de novas para garantir o suministro de auga a todos os pobos.
    • Retomar o proxecto da presa do Muradal para garantir o abastecemento de auga da vila da Fonsagrada e reducir os custos de bombeo actuais.
  • Plan de mantemento de infraestructuras públicas
    • Reparación das estradas e pistas , actualmente a mayoría están intransitables.
    • Co fin de garantir que as instalacións públicas estén en correcto funcionamento e non presenten desperfectos crearáse un plan de mantemento integral.
  • Alumeado público
    • Executar un plan de eficiencia enerxética tanto para a vila como os pobos asumindo o Concello o custo do consumo.
  • Servizos sociais
    • Manten e aumentar a asistencia domiciliaria
    • Axilizar os trámites de concesión de axudas para o coidado de maiores así como crear un proceso para trámites que requiran urxencia.
  • Protocolo actuación emerxencias
    • Creación dun protocolo de actuación ante emerxencias no munipio por nevadas, caídas de árbores, incendios, etc. para reducir os tempos de actuación dos recursos dispoñibles.
  • Recollida selectiva
    • Xestionar adecuadamente o depósito e a recollida de plásticos despositados polos gandeiros nos puntos adecuados para tal fin.
    • Recollida selectiva do lixo nos pobos
  • Xestión inter-concellos
    • Compartir servizos con outros concellos e fomentar as relación entre as diferentes administracións.
  • Punto limpo
    • Adecuación dunha zona accesible para punto limpo e peche do actual.
  • Restauración dos antigos colexios dos pobos
    • Restauración dos colexios para salas de usos múltiples que poidan utilizar ós veciños e asociacións.
    • Fomentar a utilización destes espazos para asociacións de veciños, etc…
  • Mellora da cobertura móbil e internet.
    • Xestionar con empresas de telefonía a mellora dos sitemas de comunicación, en particular todo o relativo as conexións ca rede e internet.
  • Mellora da sinal de Televisión
  • Servicios sanitarios
    • Esixir ás administración competentes na materia o aumento de servicios sanitarios como pode ser pediatra e matrona. De ter que ser derivados a outro centro sanitario ser referenciados a Lugo e non a Becerreá por existir medios de transporte público.
    • Incentivar a colaboración entre administración Asturias-Galicia coa creación dun covenio de emerxencias para dispoñer dos recursos máis cercanos ante calquera emerxencia.
  • Servizo de madrugadores no Colexio
    • Organizar un servizo de madrugadores como dispoñen noutros CEIP para aqueles país que polo seu horario laboral non poidan esperar a hora de inicio do Colexio.
  • Remodelación integral do parque infantil e parque Gil Portela.
    • Acondicionamento xeral do parque que inclúa un plan de mantemento de todos os dispositivos de xogo, area, etc…
    • Instalación de máquinas deportivas apropiadas para adultos.
    • Colocación de medidas de seguridade apropiadas no parque Gil Portela para garantir a seguridade dos usuarios.
  • Creación dun centro deportivo e rehabilitación.
    • Espazo para piscinas cubertas e climatizadas aproveitando o uso da xeotermia para calentar a auga.
    • Espazo para piscinas o descuberto para adultos e nenos.
    • Diseñaráse un plan de cursos de natación e actividades para adultos e nenos durante todo o ano así como unha rede de transporte para que concellos limítrofes poidan facer uso das instalacións.
  • Mellora e accesibilidade do casco urbán da Fonsagrada
    • Mellora estética das rúas e beirarrúas da vila.
    • Garantir a acesiblidade nas beirarrúas para carritos, cadeiras de rodas, etc.
  • Praza Cuberta
    • Creación dun espacio de usos mútiples cuberto no centro da vila para así realizar actividades durante todo o ano indistintamente da climatoloxía. (Feiras, exposicións, xogos lúdicos, etc.)
  • TURISMO:
  • Camiño Santiago
    • Coidado e recuperación de todo o relacionado co Camiño de Santiago.
    • Apertura de novos ramais que entroncan co Camiño Primitivo (Ex.Camiño da Veiga, San Antolín,…)
  • Rutas cicloturísticas
    • Marcado das rutas cicloturísticas que xa pasan pola Fonsagrada ( exemplo ruta que vai dende Santiago ata Holanda).
  • Campamentos de Verán e Granxa Escola
    • Aproveitar a Aula Verde para organizar distintas actividades, campamentos, Granxa Escola,etc..
  • Limpeza e mantenemento das rutas de senderismo
    • Co fin de fomentar este tipo de turismo realizaremos un plan de mantemento de todas as rutas de senderismo actuais e un plan de dinamización.

EDUCACIÓN CULTURA

-Formación profesional

  • Implantar módulo de Formación Profesional no instituto (relacionado cos recursos dos que disponemos, ex. Pizarra, madeira, eólico).
  • Creación dun arquivo documental
    • Creación dun arquivo público documental para aquelas persoas que desexen depositar escrituras ou documentos para evitar así a súa perda ou destrucción.
  • Museos
    • Creación de unha rede museística.
    • Posta en funcionamento do museo de Forges.
    • Museo de interpretación do camiño de Santiago
    • Plan de apoio e colaboración co actual museo comarcal da Fonsagrada
  • Actividade lúdicas e culturais para os maiores
    • Achegar ós pobos actividades culturais e deportivas .
Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política · Sen categorizar

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *