Programa electoral do PSOE de A Fonsagrada

A Fonsagrada que queres!

Escrito por
[Nota do Xornal da Fonsagrada: A continuación reprodúcese o programa electoral do PSOE de A Fonsagrada tal e como nolo remitiu o propio partido]

INFRAESTRUTURAS

  • Posta en marcha do polígono industrial.
  • Continuar co ensanche da estrada Fonsagrada-Navia.
  • Vías municipais: Melloraremos as infraestruturas de xeito que os veciños teñan accesos dignos de primeira calidade.
  • Durante os próximos catro anos adecuaremos os nosos espazos públicos á norma de accesibilidade, garantindo o acceso a todas as administracións e espazos dependentes do concello.
  • Construción do Cuartel da Garda Civil

DEPORTES

  • Melloraremos as infraestruturas deportivas existentes, para os que os veciños poidan gozar delas con total seguridade.
  • Poñeremos en funcionamento unha piscina climatizada para todos os veciños de A Fonsagrada.

EMPREGO

  • Seguiremos loitando, con políticas de emprego activo, para que o noso concello consiga acadar o horizonte do pleno emprego.

EDUCACIÓN

  • Seguiremos avanzando nun crecemento sostible da nosa comarca, preocupándonos polo futuro dos máis pequenos.

INDUSTRIA e MEDIO RURAL

  • Continuaremos á procura de axudas da Deputación de Lugo na recuperación de terras abandonadas.
  • Seguiremos loitando tamén para dotar ás explotacións gandeiras dun abastecemento de auga suficiente e autosostible.
  • Fomos dos primeiros concellos en levar Wifi ao mundo rural a través dun sistema Wimax.

CULTURA e TURISMO

  • Seguiremos potenciando o camiño primitivo, de xeito que a nosa vila sexa unha vila de referencia dentro do Camiño de Santiago de cara ao Xacobeo 2021.
  • Seguiremos potenciando as rutas de sendeirismo e a nosa riqueza natural e paisaxística ata conseguir que sexan un referente a nivel provincial pola súa singularidade e polo número de visitantes (achegan riqueza económica e cultural).
  • Desenvolveremos novas intervencións arqueolóxicas no eido do Castelón de Castañoso.
  • Reordenaremos a ruta de Castañoso de maneira que o Castelón de Castañoso quede encravado na propia ruta.

SERVICIOS SOCIAIS

  • Seguiremos APOSTANDO polo servizos sociais investindo o 30% (un terzo do noso presuposto. Máis de 1.000.000 euros) en atención aos nosos maiores e aos colectivos máis desfavorecidos.

Facendo Fonsagrada!

 

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política · Sen categorizar

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *