Eleccións Municipais 2019 nas redes sociais (III)

Escrito por

A Fonsagrada, 22 de maio de 2019.-Xa so quedan dous días desta campaña electoral que rematará pasado mañá ás 12 da noite.

Como xa se dixo noutro momento, a novidade desta campaña é que parte dela se está a facer nas redes sociais, onde os distintos candidatos van expoñendo os seus programas electorais e os diversos materiais de divulgación que elaboraron para este campaña.

Nesta última semana puidemos velos vídeos que subiron os candidatos do PSOE e do PP.

No primeiro caso foi un vídeo do actual Alcalde no que expuxo algúns puntos do programa electoral, entre eles a construción do polígono industrial, cousa que chamou a atención na opinión pública, xa que esta cor política leva máis de dez anos presidindo o goberno municipal e estraña que sexa agora cando se decida a levar a cabo este proxecto.

Pola súa banda o PP publicou dous vídeos. No primeiro, o candidato popular manifesta a súa vontade de gobernar con transparencia co obxectivo de mellorar a vida diaria dos fonsagradinos. O segundo foi un vídeo no que, parodiando o lema do PSOE para estas eleccións, se denuncian o mal estado dalgunhas instalacións do Concello así como os depósitos de plásticos agrarios que levan tempo sen ser recollidos.

Ademais, os populares subiron ás redes sociais os vídeos do seu mitin central, no que participou o presidente do Partido Popular de Galicia, Alberte Núñez Feijoo.

En canto o BNG, a candidata, Nenoso Ortiz, na súa conta particular de Facebook, apelou a Xunta Electoral polas obras da rúa principal da Vila: “A Xunta Electoral debía tomar medidas co escaparate de obras sen previo aviso, e sen obrar. Só propaganda”.

Lembramos que o martes apareceu valada unha parte da rúa e varias máquinas estacionadas, pero sen traballar, cousa que tamén provocou algúns atascos de tráfico a certas horas polos coches estacionados na outra beirarrúa, na que está prohibido no ano 2019.

Estas obras incluso fixeron que aparecera un “meme” que chegou a nosa redacción pero que no tivo difusión nas redes. Nel dicíase que “o Alcalde comeza , a 5 días das eleccións, o arraxo da rúa na que viven os candidatos do PP e do BNG coa esperanza de que lle voten o próximo domingo”.

De igual modo, tamén chegaron queixas polo desvío das obras na estrada a Navia e pola “casualidade” do comezo das obras xustamente no período electoral. Máis en concreto, as queixas son pola sinalización e, porque ese mesmo desvío alternativo, no está preparado para o paso de vehículo grandes, o que pode provocar un atasco de difícil solución.

 

 

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Política

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *