Concentración en repulsa da violencia machista

Escrito por

A Fonsagrada, 23 de xullo de 2019.-Unhas 200 persoas concentráronse esta mañá, diante da Casa do Concello, en repulsa da violencia machista. O motivo da concentración veu dado polo asasinato dunha muller o pasado domingo en Vilalba, localidade próxima á Fonsagrada.

A convocatoria partiu da concelleira do BNG, Nenoso Ortiz, quen tomou a palabra nun acto que foi a primeira vez que se facía no noso Concello. Nenoso incidiu na importancia da formación das mulleres neste eido, despois de explicar por que se trata dunha violencia “sistemática”.

Despois tomou a palabra unha das traballadoras sociais do Concello, que ofreceu para escoitar todo tipo de dúbidas que poida ter as mulleres sobre esta lacra para dar información e buscar a mellor solución para cada caso.

Rematou o acto cun minuto de silencio e co desexo de que este acto sexa o primeiro e o último que se ten que organizar na Fonsagrada.

Foto: Esperanza

Etiquetas do artigo:
Categorías do artigo:
Sen categorizar · Sucesos

Comentar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *