Sobre Nós

Xornal da Fonsagrada

Xornal da Fonsagrada é unha iniciativa duns veciños da Fonsagrada para recoller nun sitio web todas as noticias que se xeneren sobre o noso concello. Tamén quere ser un lugar no que se poidan compartir fotos, audios e vídeos das actividades socioculturais que se produzan na vila e no concello.

Blog

Tamén hai unha sección adicada á publicación de artigos sobre a historia da Fonsagrada, costumes, tradicións e calquera outro aspecto da cultura material ou inmanterial do concello. Pódense envíar ao enderezo de correo electrónico de contacto.

Colaboradores

Precisamos colaboradores que fagan fotos, graven audios e vídeos dos eventos públicos que haxa, para seren publicados. Estes materiais, despois dun pequeno traballo de edición, serán subidos á páxina para que poidan desfrutar deles todos os veciños.